Experiencias Slow

RUTA DO ARTESÁN CAXIGUEIRO NO ESPAZO CARITEL

RUTA DO ARTESÁN CAXIGUEIRO NO ESPAZO CARITEL

A cerámica, a arte e a natureza danse cita no obradoiro de Daniel Caxigueiro, en San Martiño de Mondoñedo (Foz). En Espazo Caritel podes gozar tanto…

A cerámica, a arte e a natureza danse cita no obradoiro de Daniel Caxigueiro, en San Martiño de Mondoñedo (Foz). En Espazo Caritel podes gozar tanto de exposicións temporais como da obra máis emblemática do artista plástico. Pezas que xogan coas texturas e as dimensións para dar lugar a insinuantes creacións. Na visita o artesán amosa tamén o seu espectacular xardín. Non podemos deixar de visitar a veciña Basílica de San Martiño, xoia do románico e primeira catedral de España que queda en activo.