Experiencias Slow

O SEGREDO DAS FRAGAS

O SEGREDO DAS FRAGAS

Ven descubrir o P.N. de Fragas do Eume dunha maneira moi especial, dende a auga. En colaboración con Fragas do Eume Kaiak teremos a oportunidade de…

Ven descubrir o P.N. de Fragas do Eume dunha maneira moi especial, dende a auga. En colaboración con Fragas do Eume Kaiak teremos a oportunidade de descubrir as fragas dende as calmas augas do encoro do Eume, cunha navegación en kaiak para descubrir unha zona non accesible de ningunha outra maneira, onde poderemos desfrutar do silencio e a beleza de fervenzas, animais acuáticos, terrestres e aéreos, e antigas construcións coma represas e muiños. Ademáis, descubriremos os segredos máis ocultos dentro do P.N. Fragas do Eume, coas historias e lendas sobre o noso pasado celta, a familia dos Andrade e o Monasterio de Caaveiro.