Experiencias Slow

Ruta a Cabalo por Ferrolterra

Ruta a Cabalo por Ferrolterra

Descobre un dos lugares máis máxicos e peculiares da costa galega. A paraxe natural de Valdoviño co seu Lago e a súa praia, que conta con máis de 9…

Descobre un dos lugares máis máxicos e peculiares da costa galega. A paraxe natural de Valdoviño co seu Lago e a súa praia, que conta con máis de 9 km de costa, é a contorna perfecta para achegarche da forma máis directa e intensa á unión coa natureza.
A calidade dos carreiros e camiños que discorren ao longo de varios quilómetros, desde paseos pola praia ata chegar mesmo a baterías e túneles de antigas bases militares, deleitarannos con historias á clientela mais inquieta.
Cubrindo así non só unha actividade, xa de seu, reconfortante e divertida, senón que tamén ofrece a posibilidade de coñecer o lugar desde todas as perspectivas.