Experiencias Slow

ROTEIRO ENTRE FAROS E BATERÍAS

ROTEIRO ENTRE FAROS E BATERÍAS

Trátase dun roteiro de sendeirismo de 17 quilómetros no litoral noroeste de Ferrol, camiñando entre o Faro de Prioriño Chico e a praia de O…

Trátase dun roteiro de sendeirismo de 17 quilómetros no litoral noroeste de Ferrol, camiñando entre o Faro de Prioriño Chico e a praia de O Vilar-Covas. Poderase ver o exterior do faro no Cabo Prioriño Chico, así como as súas baterías do século XVIII e unha fermosa panorámica do Golfo Ártabro, coa Coruña e a súa Torre de Hércules ao fondo. Continúase cara ao norte, en carreiros estreitos con restos de baterías militares de principios do século XX. Atravesaremos as praias de Penencia e Doniños, cos restos do seu castelo, e a continuación o piñeiral de San Jorge para chegar á súa praia, que atravesaremos ata chegar á praia de O Vilar no lugar de Covas.