Slow Accommodation
Ruta dos Fornos: ruta, mina e tirolina
Tirolina das Minas ofréceche vivir unha experiencia completa na que gozarás dunha ruta guiada de sendeirismo, da entrada á Mina Consuelo e do descenso…
Tirolina das Minas ofréceche vivir unha experiencia completa na que gozarás dunha ruta guiada de sendeirismo, da entrada á Mina Consuelo e do descenso en tirolina. Durante a ruta guiada poderás coñecer a orixe da Pontenova, descubrirás a función dos fornos e como se traballaba na mina e o que pasa no seu interior dende o seu abandono. Unha experiencia para coñecer e poñer en valor o patrimonio industrial e cultural da Pontenova.