Slow Accommodation
Degustación de Marmeladas A Morena
A Morena, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos (Cervo), é un obrador de marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de…
A Morena, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos (Cervo), é un obrador de marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de primeira calidade. Ofrecemos no obrador unha degustación dos nosos produtos xunto cun brunch (se é en horario de mañá) ou cunha merenda (se é en horario de tarde), para poder saborear as nosas marmeladas en distintas propostas. Durante a experiencia poderás coñecer o noso proxecto e a nosa traxectoria, as distintas variedades de marmeladas, cata das nosas marmeladas de forma individual e cata con distintos maridaxes.