Slow Accommodation
RUTA DO ARTESÁN FRANCISCO FRA
En pleno centro de San Cibrao, concello de Cervo, atópase o estaleiro tradicional de Francisco Fra. Tras sete xeracións, é o último que mantén vivo…
En pleno centro de San Cibrao, concello de Cervo, atópase o estaleiro tradicional de Francisco Fra. Tras sete xeracións, é o último que mantén vivo o oficio da carpintería de ribeira na Mariña Lucense. Na visita ao obradoiro, con máis de 200 anos de historia, serás testemuña da experiencia e precisión que implica a construción dunha embarcación. A visita compleméntase á perfección coa visita ao Museo Provincial do Mar e cunha introdución histórica de San Cibrao