Slow

BARRIO ARTESÁN DE MONDOÑEDO

BARRIO ARTESÁN DE MONDOÑEDO

O mindoniense Barrio dos Muíños é artesán por tradición. As olarías moldean o barro para obter obxectos tanto modernos como tradicionais que logo…

O mindoniense Barrio dos Muíños é artesán por tradición. As olarías moldean o barro para obter obxectos tanto modernos como tradicionais que logo decoran a man. Un canteiro que esculpe de xeito tradicional granito, mármore e lousa para acadar pezas únicas. Na porta de enfronte, Ton Arenas, escenógrafo e cartelista, tamén elabora e manexa monicreques e os seus escenarios. Produce espectáculos, obxectos artísticos e útiles. Todo isto visitando o centro histórico da antiga capital da provincia.