Slow
DO MAR AO PRATO
A cidade de Ferrol está intimamente vencellada ao mar, pero en moitas ocasións nos centramos só na súa historia a partires do S.XVIII, cando a…
A cidade de Ferrol está intimamente vencellada ao mar, pero en moitas ocasións nos centramos só na súa historia a partires do S.XVIII, cando a importancia dos estaleiros e o arsenal fan que un pequeno porto marítimo se converta na base máis importante da Armada Española. Ven descubrir nesta ruta os antigos oficios relacionados coa nosa fermosa ría e ao mesmo tempo visitar a lonxa, onde poderemos descubrir o marisco e outras especies da ría que se capturan cada día, o Mercado do Peixe de Rodolfo Ucha e desfrutar dunha degustación enogastronómica.